Ruta Ribeira do Ulla (PR-G 93)

Inicio: Ponte Basebe (42º 50′ 26.4′ N – 8º 19′ 31.6′ W)

Fin: Cruce da pista da estrada a San Pedro de Ribeira (42º 49′ 28.3′ N – 8º 16′ 20.8′ W)

Kilómetros: 12,8
Duración: 4 horas
Distancia: 12,8 km
Tipo de percorrido: Lineal
Desnivel de subida: 513 m
Desnivel de baixada: 486 m
Dificultade: Media
MIDE: Esforzo-3/Itinerario-2/Desprazamento-2/Medio-2

Esta ruta desenvólvese a través das parroquias de Novefontes, Fao e Ribeira
Durante o camiño aproximarémonos, en medio dunha fermosa paisaxe, ata lugares tan emblemáticos en Touro como a Fervenza do Inferniño. Descubriremos tamén os restos do Pazo de San Cristovo, pequenos muíños e as agochadas e antigas ouriceiras que salpican os frondosos soutos. Nas proximidades da poboación de San Pedro da Ribeira, gozaremos da tranquilidade da vaira do Pozo do Pego, un lugar de extraordinaria beleza.
Pero durante a senda, o que máis sorprenderá serán os cambios de vexetación, que abranguen bosques de tipo mediterráneo con sobreiras e xaras, bosques atlánticos como os soutos e as carballeiras e, a pouca distancia, uns tupidos bosques de ribeira.
É un traxecto de pouca dificultade pero onde é moi recomendable o uso de botas de montaña e roupa axeitada.

Puntos destacados: Ponte Basebe, Fervenza do Inferniño, Pazo de San Cristovo, Pozo do Pego, San Pedro de Ribeira.

QR-carteis  Folleto-PDF