As nosas 7 fervenzas nun día

Itinerario para gozar nun día que combina o percorrido en bici ou en coche con sendeirismo (todas as fervenzas precisan dunha andaina unha vez estacionado o coche).

A continuación descríbese a ruta que se pode facer en ambas as direccións,  cara ao leste ou cara ao oeste, tendo na mitade do percorrido o nucleo de Fonte Diaz como referencia para comer o avituallarse.


Amosamos unha breve descrición de cada unha destas xoias,  e no camiño atoparemos pazos, muìños, areas de descanso, igrexas e paraxes naturais en todo o percorrido.

Patrimonio Natural

Fervenza de Choufano

1. Dende a estrada AC–240, á altura do Empalme de Vilar, direción Touro seguindo a pouco máis dun quilómetro desvio cara esta fervenza

COORDENADAS 42°49’50.056″N 8°22’52.381″W
Esta fervenza localízase na parroquia Vilar, no concello de Touro. A fervenza ten unha caída dobre, unha exuberante vexetación que a rodea e sobre todo polo muíño que a coroa á esquerda e que lle confire un punto diferente aos doutras fervenzas.
En coche: Aparcamos onde o sinal de estrada sen saída, e seguimos a pista en contínua baixada, ata chegar a unha pendente (a segunda á dereita) desde onde divisamos o río, tiramos á dereita hacia o muiño e vemos a cabeza da fervenza. Se queremos desprazarnos cara a base teremos que descender con moitísima precaución e con axuda pola beira do muiño.


Patrimonio Natural

Fervenza de Mince

2. Deseguido, facer un retorno a estrada AC-240, e a uns 3 quilómetros aproximadamente (en Prevediños) e no desvío atopamos a fervenza

COORDENADAS: 42º50’17.387″N 8º22’36.228″W
Esta fervenza está formada polo río de Prevediños.
A fervenza ofrece un espectáculo digno de admirar durante algún tempo para sentir as sensacións de calma e tranquilidade que transmite este lugar.
A fraga que arrodea a Fervenza de Mince componse principalmente de árbores tan senlleiras como bidueiros, freixos, salgueiros e ameneiros.
Ademais, froito dá unha humidade constante que se respira nesta horta, tamén podemos cheirar moito fento e musgo.


Patrimonio Natural

Fervenza do Batán

3. Regresamos a estrada A-240, e a 6 quilómetros desvío para a FERVENZA DO BATÁN.

COORDENADAS GPS: 42°51’30.787″N, 8°21’36.446″W
Oculta aparece esta fermosa fervenza, nun lugar escondido, na parroquia de Fontes Rosas que tamén tes que visitar.
O lugar está illado nun pequeno recuncho onde non esperas que haxa nada.
Despois dunha ponte de madeira aparece esta fermosa fervenza, nun lugar escondido só tes que buscar un pouco máis para que apareza esta beleza.
O lugar parece un conto de fadas e aquí podes sentir e contemplar con calma que o sitio emana.


Patrimonio Natural

Fervenza do Inferniño

4. Retorno estrada A-240, dirección Fonte-Díaz antes de chegar ó núcleo desviarse pola rúa do río Ulla dirección Novefontes dende a igrexa acédese a fervenza.

COORDENADAS:42ª49’57.194″N 8º17’36.87″W
Esta fervenza que salva unha forte pendente, localízase no Regato dos Fungos, afluente do río Ulla, na parroquia de Novefontes, cunha caída moi alta. O entorno no que nos atopamos está formado por monte, con vexetación de ribeira como salgueiros, aveleiras, así como arbustos e prados destinados ao consumo gandeiro da zona.


Patrimonio Natural

Fervenza do Salto das Pombas

5. Dende ese lugar regresamos pola mesma estrada e nos desviamos uns tres quilómetros en dirección Santiso-Turces por una vía local, e nunha das curvas, frente a un muiño atopamos o sendeiro que nos conduce a fervenza.

COORDENADAS: 42º51’7.042″N 8º16’45.098″W
Está situada no río Lañas, afluente do Ulla que percorre o concello de Touro de norte a sur, salvando este forte desnivel no seu tramo final, onde forma varios rápidos e fervenzas. A máis alta presenta unha caída de auga duns 10 metros encaixada entre rochas metamórficas, fundindo a súa bravura nunha poza de augas mansas e transparentes e situada na PR-G 121.


 

Patrimonio Natural

Fervenza de Rosende

6. Continuando na mesma calzada, poderemos ir na busca do río Ulla en Vilar de Calvos (previa baixada por un empinado camiño).

COORDENADS: 42°51’30.787″N, 8°21’36.446″W
Esta fervenza localízase na parroquia de Calvos, da aldea de Vilar.
A fervenza encóntrase situada no rego de Rosende, ten unha caída de auga duns 20 metros e desemboca directamente no Ulla.
O entorno no que se atopa posúe unha gran beleza, xa que, está composto por bosques de ribeira e especies autóctonas.


 

Patrimonio Natural

Fervenza de Santa Marta

7. Ao retroceder polo camino, collemos novamente o coche para ir en dirección a Turces-Vila de Cruces, no límite co concello de Arzúa; alí pódese visitar a FERVENZA DE SANTA MARTA.

COORDENADAS: 42º50’54.722″N 8º12’57.724″W
Atopámola no lugar denominado como Santa Marta, na parroquia de Turces. Esta fervenza presenta unha caída de auga duns 30 metros aproximadamente concentrados nun só rego fluvial. O entorno no que se empraza está conformado principalmente por vexetación de ribeira e tamén de frondosas.


Outras Fervenzas  que podes descubrir: Fervenza dos Peres(Quión), Fervenza Miñominguiño(Cornado), Fervenza dos Trillos(Bama), Fervenza da presa na Santaia(Touro)

As fontes que se describen nos párafos de cada fervenza son un delirio da fermosa naturaleza, cada unha coas sus características particulares pero cunha consideración medioambiental tremenda, aconsellabe para que os turistas e non turistas acudan a velas a miúdo.
O paraxe e ineguanable e permíte repetir candas veces se precise, porque son patrimonio de todos os cidadáns que terán que coidalas para que a súa conservación sexa permanente, e lembra evita xerar residuos, e se os xeras lévaos contigo, tampouco alteres os elementos naturais e respecta á poboación local.