Xacemento romano do Castrillón
Parroquias: Fontes Rosas(San Xoán) e Loxo (Santa María)
As primeiras sondaxes arqueolóxicas neste xacemento comezaron no 2023, como parte do Proxecto Roma Finisterrae. Esta iniciativa está financiada pola Área de Cultura da Deputación da Coruña e conta, neste caso, tamén coa colaboración do Concello de Touro.
Estas sondaxes permitiron coñecer as características da fortificación e achegaron novos datos que apoian a principal hipótese do grupo de investigación Roman Army. Estaremos ante un castellum romano, pequena fortificación destinada ó control do territorio e a o establecemento de unidades militares, que podemos relacionalo coa presenza romana no noroeste da península.
Os estudos realizados indican, ademais, que estas fortificacións puideron construírse e abandonarse nun período de tempo relativamente curto.
No caso de Castrillón, estaría formado por dous recintos situados a media altura e separados polo río Pucheiras do Castro do Coto de San Sebastián, que se sitúa enfronte pero a maior altitude.
Os resultados das escavacións converten ao Castrillón nun xacemento de interese para coñecer como se produciu a chegada e os movementos do exército romano dentro do territorio da actual provincia da Coruña.
Enlace de interés:
