Feira do 5
Mercado local con carácter mensual.
En Fonte Díaz, os días 5 de cada mes, celébrase a súa tradicional FEIRA, que en datas sinaladas adquire connotacións especiais. Así:
A Feira de Reis o 5 de xaneiro. O mellor plan para comezar o ano.
A Feira do Entroido o 5 de febreiro ou marzo. Con degustación dos produtos típicos destas datas.
A Feira do Emigrante o 5 de agosto. Celebración a ritmo de charanga.
A Feira da Castaña e dos produtos de outono o 5 de novembro. Unha gran oportunidade para a compra e degustación de produtos tan nosos como as castañas e os cogomelos.