Área de lecer de Brandelos

Parroquia: Prevediños – Touro 15822
Coordenadas: 42° 51′ 27.1″N 8° 22′ 01.9″W

A área recreativa de Brandelos está situada nunha carballeira a beiras do río homónimo, na parroquia de Prevediños. Dispón dos elementos necesarios para o lecer na zona: bancos, grellada, mesas e paneis informativos…

Dentro da área recreativa atópase unha fonte e un local de baños cuias frías augas sulfurosas presentan valores medicinais amplamente recoñecidos, que xa se empregaban tradicionalmente mediante baños para a recuperación. Así mesmo, pódese gozar dunha capela de 1982, a ermida da Concepción ou un pequeno carreiro habilitado xunto ao río do mesmo nome.

 

QR-carteis   Panel PDF