Ruta Fervenza de Santa Marta ao río Lañas (PR-G 233)

Inicio: Desembocadura del río Lañas (42º 49′ 56.5″ N – 8º 15′ 47.4″ W)

Fin: Molino de Os Agra (42º 50′ 56.2″ N – 8º 13′ 05.4″ W)

A senda comeza no límite do Concello de Arzúa, na Fervenza das Hortas e chega ata a desembocadura do río Lañas no propio Ulla.
As ribeiras do río Ulla son un lugar de gran riqueza biolóxica e paisaxística que poderás descubrir camiñando coa sensación de absoluta tranquilidade. O camiño adéntrase en fragas e bosques de ribeira autóctonos que por veces se estreita converténdose nun fermoso carreiro, no que se descobren diversos elementos naturais e culturais como fervenzas, pontes, muíños, fontes, lavadoiros, mais tamén aproveitamentos como a pesca, encoros para a produción eléctrica, explotacións gandeiras e cultivos…

Dende o inicio e tras visitar a Fervenza de Santa Marta a ruta segue o camiño tradicional a Circes, achegándonos a Os Chaos, onde podemos tomar un desvío para ver o Petróglifo de Pena Furada, ou seguir descendendo ata a beira do Encoro de Touro. Tras pasar a carón da Pena das Letras e logo de deixar atrás o muro do encoro, continúa paralela ó río Ulla por un sendeiro de pescadores ata chegar á ponte na desembocadura do río Lañas.

Na desembocadura do río Lañas conecta coa PR-G 121, que á súa vez conecta coa PR-G 93

Puntos destacados: Fervenza de Santa Marta, Muíños da Ferradura, Fervenza de Rosende.
 

Duración: 4 h 5 min
Distancia: 12,32 km
Tipo de percorrido: Travesía
Desnivel de subida: 453 m
Desnivel de baixada: 567 m
Dificultade: Media
MIDE: Esforzo-3 | Itinerario-2 | Desprazamento-2 | Medio-1

 

Powered by Wikiloc

QR-carteis Folleto-PDF